Álbum de fotos
Artículos
Asociarse
Bolsa de Emprego
Buzón de Suxerencias
Convenios
Cursos
Descargas
Documentación
Enlaces
Estatutos
Fins e Obxectivos
Hemeroteca
Lexislación
Merchandising
Normativa
Orientación Laboral
Presentación
Programas
Publicacións
Sala de Prensa
 
 
  :: Fins e Obxectivos :

Fins

  • Fortalecer a Pedagoxía en tanto que ciencia, disciplina e profesión.

  • Potenciar o recoñecemento social e profesional dos pedagogos e das pedagogas.

  • Promover a creación dun Colexio Oficial de Pedagogos.

Obxectivos

  • Promover investigación aplicada como ferramenta de innovación profesional.

  • Definir e perfilar modelos, recursos e técnicas de acción-intervención socioeducativa.

  • Ofrecer formación actualizada para o perfeccionamento profesional dos pedagogos nos distintos eidos da Pedagoxía.

  • Orientar no campo académico e profesional ós pedagogos e/ou estudiantes da Licenciatura.

  • Favorecer a colaboración con entidades públicas e privadas con e sen ánimo de lucro, para articular iniciativas e proxectos en común de interese educativo.

  • Sensibilizar á sociedade da pertinencia da acción sociopedagóxica na realidade actual.

  • Intercambiar experiencias con outros profesionais e outras realidades xeográficas con fin de proxectar a Pedagoxía galega.

Liñas de actuación

  • Formación

Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos e pedagogas a través de xornadas, cursos especializados, congresos, etc.

  • Orientación académica e profesional individualizada

Ofrecer un servicio de orientación individualizada académica (para alumnos da Titulación) e profesional (para licenciados), así como información xeral en relación cos ámbitos profesionais da Pedagoxía.

  • Información e documentación

Información actualizada en relación a novidades bibliográficas, cursos ofertados en convocatoria aberta, congresos, xornadas e coloquios de próxima celebración, leis de recente publicación, bolsas e subvencións convocadas e información sobre a traxectoria do noso plan de traballo.

Servicio de documentación como espacio documental reservado para recoller referencias bibliográficas organizadas por temáticas, novidades e lecturas recomendadas, revistas especializadas, documentos legais, memorias de experiencias, actas e ponencias de congresos, dossier de prensa, etc.

  • Investigación

Promovida a través da formación e consolidación de grupos de traballo autónomos e comisións autoxestionadas en relación a temáticas de actualidade. O obxectivo funfamental é a ampliación e profundización no coñecemento teórico e na praxis pedagóxica.

As comisións de inminente constitución son:

- Comisión do servicio de documentación

- Comisión de actualidade pedagóxica

- Comisión de orientación

- Comisión da revista Praxis Pedagóxica

- Grupo de Traballo Código Deontolóxico

  • Liña de actuación transversal

Oriéntase a articular unha comunidade de práctica da Pedagoxía Galega. Desenvolverase a través da revista Praxis Pedagóxica e dos foros fomentando o enriquecimento colectivo a través do intercambio e a participación constante.

 

APEGA. Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

Apdo. de Correos 2128

C.Postal: 15780 Santiago de Compostela