APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

Itinerarios para parados - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ARTIGOS > OUTROS ARTIGOS > Itinerarios para parados
Itinerarios para parados Imprimir Correo-e

parados.jpgDentro das múltiples medidas tomadas ao redor da inserción dos parados en España, o Goberno acaba de propor unha que, aínda que terá o seu inicio no 2013, parece ser das máis efectivas: a ampliación do número dos orientadores laborais dentro do sistema de emprego.

É unha medida lóxica, xa que con ela trátase de orientar a unhas persoas que se atopan activas pero sen traballo, debido, en moitas ocasións, ao descoñecemento que manteñen sobre como aproveitar mellor as súas potencialidades laborais no seu beneficio e como darlle relevancia ante os seus posibles contratadores.

 

A función dos orientadores laborais é realizar plans á medida, ou, como dixo o ministro, traxes á medida de cada persoa, ofrecéndolles, en primeiro lugar, un itinerario, que debe ser subscrito de forma activa polo traballador. É dicir, o traballador debe facelo seu e poñerse na situación de que ten que ser o primeiro en comprometese coas súas accións. É como cando o médico, despois de diagnosticar a enfermidade do paciente, suxírelle o seu tratamento. Este é o responsable da súa curación e, polo tanto, o máximo interesado en seguir as prescricións.

Pero non calquera profesional serve para levar a cabo a orientación laboral. É aquí onde a Administración debe corrixir os erros cometidos ata o momento. O orientador laboral debe posuír unha preparación no ámbito da educación non formal, a educación de adultos, a orientación persoal, a profesiografía, e, finalmente, debe estar preparado en orientación laboral e/ou sociolaboral. O orientador debe coñecer en profundidade o sistema educativo; investigar os recursos formativos e laborais (empresas), e coñecer as vías de capacitación das distintas ocupacións e profesións. En todos estes ámbitos os mellores e os máis cualificados son os pedagogos.

A Administración debe corrixir a deriva que tomou este tema ao permitir que calquera titulado poida acceder a esta profesión tras pasar pola simple habilitación de formarse nun temario de oposición. Os pedagogos, ademais da formación que se lles require no temario en cuestión, dominan as bases teóricas e prácticas que marcan o rumbo do que debe ser a orientación laboral. Só coa conxunción de todos estes elementos se pode facer que os deseños dos procesos de inserción e reinserción dos parados sexan eficaces e adecuados.

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760