APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

CONVENIOS OUTRAS ENTIDADES - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > CONVENIOS > CONVENIOS OUTRAS ENTIDADES
CONVENIOS OUTRAS ENTIDADES
Convenio de APEGA con UNICEF Imprimir Correo-e

unicef.jpg

A Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia ten entre os seus obxectivos:

Impulsar a creación dos instrumentos necesarios que faciliten o ordenamento do exercicio da Pedagoxía.

  1. Potenciar o recoñecemento social da labor dos pedagogos e pedagogas.
  2. Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos e pedagogas a través de xornadas, cursos, intercambios de experiencias, investigacións científica,etc.

E pola súa parte, UNICEF persigue, os seguintes obxectivos:

  1. Impulsar o efectivo cumprimento dos dereitos da infancia en todo o mundo.
  2. Promover o dereito o nivel más alto de saúde, educación, protección das nenas e os nenos, tal e como se recoñece na Convención sobre os Dereitos do Neno.
  3. Elaborar materiais para a sensibilización e respeto dos dereitos da infancia.
  4. Elaborar estudios e realizar investigacións sobre a cooperación ó desenvolvemento e sobre materias que teñan relación co efectivo cumprimento e extensión dos dereitos da infancia, e polo tanto, da Convención dos Dereitos do Neno.
  5. Coñecer da situación dos dereitos dos nenos na comunidade Galega. 
 
Convenio coa Editorial AXAC Imprimir Correo-e

axac.jpgO 14 de septembro do 2004, o presidente da Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez Sandomingo, asinou un convenio de colaboración co director da Editorial Axac, Alejandro S. Veiga Rodríguez, en virtude do cal ámbalas dúas partes se comprometeron a colaborar na creación dunha colección de libros de Pedagoxía (a primeira adicada exclusivamente á publicación de libros con temática pedagóxica nunha editorial galega) dentro de Axac. O seu nome é Perspectiva pedagógica e conta co apoio dun comité científico formado por personalidades tan relevantes da Pedagoxía coma: Xosé Antonio Caride Gómez, Miguel Zabalza Beraza, Carmen Pachón Iglesias, Elisa Jato ou Xosé Manuel Cid Fernández, entre outras.

 




w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760