|
Convenio coa Universidade de Vigo |
|
|
|
O 24 de xullo do 2004, APEGA asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo en virtude do cal ámbalas dúas partes se comprometen a realizar toda unha serie de actividades conxuntas tales coma o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización e realización de todo tipo de actividades académicas ou o intercambio de publicacións e traballos de investigación. Igualmente, o convenio contempla a posibilidade de que os alumnos dos últimos cursos das Facultades, Escolas Universitarias e Centros Adscritos á Universidade de Vigo poidan realizar prácticas formativas na nosa Asociación.
A primeira colaboración levada a cabo entre as dúas entidades foi a Xornada de Mediación de Ourense. |
|
Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela |
|
|
|
O 15 de marzo do 2004, o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela asinou un convenio coa Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (APEGA). Un acordo que ten por obxecto servir de vía de acceso a través dun programa de prácticas- ó mundo laboral os futuros titulados da USC.
A base deste convenio radica no enriquecemento e as aportacións que poidan recibir mutuamente ámbalas dúas partes implicadas: os alumnos e a propia Asociación. Estas prácticas están dirixidas a tódolos estudiantes de Facultades, Escolas Técnicas Superiores e Escolas Universitarias pertencentes á USC, que teñan superado o 50% dos créditos da súa formación específica ou, no caso dos Planos de Estudos non reformados, que estean matriculados nos dous últimos cursos de carreira.O convenio fixa, ademáis, a duración do período de prácticas que deben estar entre as 120 e 500 horas.
Na actualidade, APEGA ten convocada unha praza para o seu Gabinete de Prensa e outra para a súa Área de Informática, caracterizadas, en ámbolos dous casos, pola flexibilidade coa que contan o/as alumno/as para levar a cabo as funcións que se lles asignan. En vindeiras convocatorias, a Asociación pensa abri-las súas portas a estudantes universitarios vinculados a outros campos e que desexen manter experiencias dentro dos seus ámbitos de actuación. |
|
Convenio firmado con la UNED |
|
|
|
O 18 de decembro do 2007, APEGA asinou un convenio de colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en virtude do calámbalas dúas partes se comprometen a realización de prácticas por parte dos alumnos dos últimos cursos das Facultades, Escolas Universitarias e Centros Adscritos a esa Universidade.
A base deste convenio radica no enriquecemento e as aportacións que poidan recibir mutuamente ámbalas dúas partes implicadas: os alumnos e a propia Asociación.
A duración do período de prácticas que deben estar por debaixo das 500 horas.Na actualidade, APEGA ten convocada unha praza para o seu Gabinete de Prensa e outra para a súa Área de Informática, caracterizadas, en ámbolos dous casos, pola flexibilidade coa que contan o/as alumno/as para levar acabo as funcións que se lles asignan. En vindeiras convocatorias, a Asociación pensa abri-las súas portas a estudantes universitarios vinculados a outros campos e que desexen manter experiencias dentro dos seus ámbitos de actuación. |
|
|
|
|