APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

NOVAS OFERTAS DE PROGRAMAS - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > DOCUMENTACIÓN > PROGRAMAS > NOVAS OFERTAS DE PROGRAMAS
NOVAS OFERTAS DE PROGRAMAS
Programa de mediadores interculturais Imprimir Correo-e

Hoxe por hoxe, a chegada de inmigrantes a Galicia aparece como unha tarefa á que tanto a Administración como as entidades da sociedad civil teñen que dar resposta en aras de previr os problemas que a súa situación de necesidade ou de dificultade de integración puideran xerar senón se arbitran as medidas compensadoras necesarias.

Unha destas medidas é a construcción dun corpo de mediadores interculturais que se responsabilicen do acompañamento na inserción dos inmigrantes. Esta labor de acompañamento debe iniciarse unha vez xurde a demanda do interesado, a través dos servicios sociais da comunidade autónoma e levarse a cabo a través de poñer en práctica todo un programa individualizado que conteña diversos itinerarios en función das necesidades básicas a cubrir e que poden ir dende a información de a onde dirixir as súas demandas ata o acompañamento para salvar circunstancias nas que na súa orixe ou pola súa formación nunca lle foron requeridas.

Nesta labor especializada deben implicarse profesionais coñecedores das dinámicas administrativas e sociais cunha boa base en programación educativa, posto que un dos piares da cultura é a educación e as súas diversas formas de ser transmitida. Ademais de que hai un bon número de inmigrantes que aínda que cheguen, en primeira instancia, sós, teñen intención de proceder no máis curto prazo posible á reagrupación familiar, o que conleva, na mayoría dos casos, a chegada dos seus fillos, e con ello a implicación de procesos de educación escolar, e de regularización plena na vida da comunidad, para os que os pedagogos son os profesionais máis idóneos.

Ler máis...
 
Programa de promoción educativo-deportiva Imprimir Correo-e

As actividades físicas e deportivas da Era Moderna comezaron a cimentarse a partir do "espírito do deporte inglés", entendido como unha forma de concibir e de practicar a competición deportiva baseada nunha gran corrección ética que xurde dun "impulso interior". Este espírito deportivo ven a se-lo motor que impulsou a xénese e desenvolvemento do deporte actual, en tanto que deu lugar á necesidade dunhas regras que creadas e aceptadas universalmente sen case modificacións; a unha organización do deporte onde se distinguiu dende o principio entre as categorías de «profesional» e de «afeccionado»; ó establecemento de regras de entrenamento; e, sobre todo, a unha forma de entende-la súa práctica e o espectáculo deportivo -conceptuada baixo a expresión «fair play» (xogo limpo)- que require unha aprendizaxe moral e que vai máis alá das cuestións meramente técnicas, normativas ou de organización.

Ler máis...
 




w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760