APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

PROGRAMAS CON CONCELLOS - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > DOCUMENTACIÓN > PROGRAMAS > PROGRAMAS CON CONCELLOS
PROGRAMAS CON CONCELLOS
Escola Aberta de Pais: Un lugar de debate. Imprimir Correo-e

escolaaberta.jpgAPEGA (Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia) quere crear un espacio de formación práctica e de debate no que se da cabida a profesionais, estudiantes e familias, con tres fins:

- Poñerse ó día en determinados temas: educativos e pedagóxicos.
- Enriquecerse mutuamente gracias á participación de todos.
- Crear un ambiente distendido no que poder aprender e debater sobre temas socio-educativos actuais.

Nosa Escola aberta de pais: Un lugar de debate é un plan sistemático de formación de pais e calquera persoa preocupada pola educación. Os aspectos psicopedagóxicos e ambientais que se van a desenvolver ó longo dun período relativamente extenso de tempo tratarán de crear un foro de encontro e formación propiciadora da educación en valores dos fillos e dos nenos, en xeral, dentro do seu entorno social próximo e cunha participación activa dos seus proxenitores, propiciando o encontro, o diálogo e o respecto entre uns e outros. 

 
Programa sobre a inmigración nas aulas Imprimir Correo-e

Programa sobre a inmigración nas aulas. (Porto Do Son)

Descrición do curso:

  • Obxectivos: 

· Desenrolar habilidades sociais que nos permitan comprende-los diferentes puntos de vista para realizar unha convivencia pacifica na nosa sociedade.

· Promover habilidades de comunicación que posibiliten o uso do diálogo en situacións conflictivas.

  • Asistentes: 

· Mozos/as de 5º y 6º de primaria y en 1º de ESO. Grupos de 40 participantes como máximo

  • Metodoloxía:  

Cada sesión dura unha hora e media lectiva, aproximadamente.

· Actividad 1: Esteriotipos: reflexión sobre a lectura de fragmentos e toma de decisións para incorporarlles un título apropiado.

· Actividad 2: Reflexión sobre conceptos e feitos que xeneran situacions conflictivas.

· Actividad 3: Multiculturalidade.

· Actividad 4: O papel dos outros

Tentase en todo momento de fomentar a participación dos integrantes dos grupos para facer unhas sesións activas e dinámicas.

  • Material: 

- Sala adaptada ás dimensións do grupo con cadeiras postas en semicírculo.
- Encerado e rotuladores
- Proxector con PC 

  • Contidos

· Os esteriotipos como conceptos esquemáticos e simplificadores de feitos

· A multiculturalidade na aula

  • Temporalización:

· 2 sesións de unha hora cada unha por cada grupo (3 grupos). A frecuencia é semanal.

  • Profesorado: 

Victoria Sánchez Costa. Pedagoga coordinadora do Plan de Emprego de Cruz Bermella e da Integración sociolaboral das personas inmigrantes

 
Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as. Imprimir Correo-e

Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. (Porto Do Son)

Descrición do curso:

  1. Obxectivos:

    • Facilitar información veraz sobre as drogas. Consumo e consecuencias. Uso e abuso.
    • Recoñecer as estratexias publicitarias para promover actitudes favorables ao consumo de alcohol e tabaco e fomentar unha postura crítica ante estas mensaxes
  1. Asistentes: Mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. Grupos de 40 participantes como máximo
  1. Metodoloxía:

Cada sesión dura unha hora lectiva aproximadamente.

Cada tema consta dos seguintes apartados:

  1. Base teórica de referencia: breve resumo da teoría do tema
  2. Material de apoio
  3. Dinámicas
  4. Avaliación da sesión

Tentouse en todo momento de fomentar a participación dos integrantes dos grupos para facer unhas sesións activas e dinámicas.

  1. Material:
  • Sala adaptada ás dimensións do grupo con cadeiras postas en semicírculo.
  • Encerado e rotuladores
  • Proxector con PC
  1. Temporalización: 2 sesións de unha hora cada unha por cada grupo (3 grupos). A frecuencia é semanal.
  1. Profesorado:
  • María Besada Montenegro: Pedagoga. Coordinadora do Centro de día de Atención o menor Alborada.
  • Angeles Montero Gómez. Educadora Social. Coordinadora do Proxecto Creative de  ACLAD ALBORADA
 




w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760