APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as. - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > DOCUMENTACIÓN > PROGRAMAS > PROGRAMAS CON CONCELLOS > Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as.
Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as. Imprimir Correo-e

Programa de prevención do consumo de drogas para mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. (Porto Do Son)

Descrición do curso:

  1. Obxectivos:

    • Facilitar información veraz sobre as drogas. Consumo e consecuencias. Uso e abuso.
    • Recoñecer as estratexias publicitarias para promover actitudes favorables ao consumo de alcohol e tabaco e fomentar unha postura crítica ante estas mensaxes
  1. Asistentes: Mozos/as do último curso de primaria e de primeiro da ESO. Grupos de 40 participantes como máximo
  1. Metodoloxía:

Cada sesión dura unha hora lectiva aproximadamente.

Cada tema consta dos seguintes apartados:

  1. Base teórica de referencia: breve resumo da teoría do tema
  2. Material de apoio
  3. Dinámicas
  4. Avaliación da sesión

Tentouse en todo momento de fomentar a participación dos integrantes dos grupos para facer unhas sesións activas e dinámicas.

  1. Material:
  • Sala adaptada ás dimensións do grupo con cadeiras postas en semicírculo.
  • Encerado e rotuladores
  • Proxector con PC
  1. Temporalización: 2 sesións de unha hora cada unha por cada grupo (3 grupos). A frecuencia é semanal.
  1. Profesorado:
  • María Besada Montenegro: Pedagoga. Coordinadora do Centro de día de Atención o menor Alborada.
  • Angeles Montero Gómez. Educadora Social. Coordinadora do Proxecto Creative de  ACLAD ALBORADA
 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760