|
A continuación mostrámoslle os fins, obxectivos, liñas de actuación e estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.
|
|
Fins:
- Fortalecer a Pedagoxía e Psicopedagoxía en tanto que ciencia, disciplina e profesión.
- Potenciar o recoñecemento social e profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as.
- Promover a creación dun Colexio Oficial de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as.
Obxectivos:
- Promover investigación aplicada como ferramenta de innovación profesional.
- Definir e perfilar modelos, recursos e técnicas de acción-intervención socioeducativa.
- Ofrecer formación actualizada para o perfeccionamento profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as nos distintos eidos da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
- Orientar no campo académico e profesional ós pedagogos/as e psicopedagogos/as e/ou estudiantes da Licenciatura.
- Favorecer a colaboración con entidades públicas e privadas con e sen ánimo de lucro, para articular iniciativas e proxectos en común de interese educativo.
- Sensibilizar á sociedade da pertinencia da acción sociopedagóxica na realidade actual.
- Intercambiar experiencias con outros profesionais e outras realidades xeográficas con fin de proxectar a Pedagoxía e Psicopedagoxía galega.
- Realizar actividades relacionadas coa formación permanente do profesorado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Liñas de actuación:
- Formación: Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos/as e psicopedagogos/as a través de xornadas, cursos especializados, congresos, etc.
- Orientación académica e profesional individualizada: Ofrecer un servicio de orientación individualizada académica (para alumnos da Titulación) e profesional (para licenciados), así como información xeral en relación cos ámbitos profesionais da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
- Información e documentación: Información actualizada en relación a novidades bibliográficas, cursos ofertados en convocatoria aberta, congresos, xornadas e coloquios de próxima celebración, leis de recente publicación, bolsas e subvencións convocadas e información sobre a traxectoria do noso plan de traballo. Servicio de documentación como espacio documental reservado para recoller referencias bibliográficas organizadas por temáticas, novidades e lecturas recomendadas, revistas especializadas, documentos legais, memorias de experiencias, actas e ponencias de congresos, dossier de prensa, etc.
- Investigación: Promovida a través da formación e consolidación de grupos de traballo autónomos e comisións autoxestionadas en relación a temáticas de actualidade. O obxectivo funfamental é a ampliación e profundización no coñecemento teórico e na praxis pedagóxica e psicopedagóxica. As comisións de inminente constitución son:
- Comisión do servicio de documentación.
- Comisión de actualidade pedagóxica e psicopedagóxica.
- Comisión de orientación.
- Grupo de Traballo Código Deontolóxico.
- Liña de actuación transversal: Oriéntase a articular unha comunidade de práctica da Pedagoxía Galega. Desenvolverase a través da revista Praxis Pedagóxica e Psicopedagóxica e dos foros fomentando o enriquecimento colectivo a través do intercambio e a participación constante.
Estatutos:
A continuación mostrámoslle os estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.
|
|
|
|