| CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN |
|
Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra. Artigo 18º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación. Artigo 19º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta. Artigo 20º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Artigo 21º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade. Artigo 22º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes. Artigo 23º.- A Asamblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva. Artigo 24º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo 25º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva. Artigo 26º.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria: Artigo 27º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria: Artigo 28º.- Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo 29º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignara o/a Presidente, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioria. Artigo 30º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes. Artigo 31º.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria. Artigo 32º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións: O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo 33º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente. Artigo 34º.- O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico. Artigo 35º.- Os Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
|














