| CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO |
|
Artigo 36º.- A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. Artigo 37º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoreiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria. Artigo 38º.- A Asociación manterase dos seguintes recursos: Artigo 39º.- As cuotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e adicándose a atende-las necesidades da Asociación. Artigo 40º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo. Artigo 41º.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria. Artigo 42º.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoreiro, para a utilización conxunta deles. Artigo 43º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación. |














