APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

PREPARA UNHA OPOSICIÓN - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ORIENTACIÓN LABORAL > PREPARA UNHA OPOSICIÓN
PREPARA UNHA OPOSICIÓN

opsicion.jpgUnha posibilidade máis para acceder a un emprego por conta allea é optar polo emprego público. É outra alternativa, ademáis con futuro, xa que sacar unha oposición garantiza un traballo de por vida. Hai academias que te preparan, no senso de que che dan un posible temario e realizan exames parecidos ós que despois realizaremos na oposición.

A decisión de opositar, traballar para un mesmo ou para unha empresa privada é unha tarefa difícil que se ve influida por múltiples factores: tradición familiar, situación económica, vocación, situación do mercado de traballo, desexo de seguridade laboral e, sobre todo, a personalidade do opositor que lle leva a valorar máis un posto de traballo estable, pero menos remunerado, que outro máis incerto ainda que con maiores posibilidades de logro económico.

Preparar oposicións para lograr un emprego público é unha seria opción laboral que merece terse en consideración.

A Administración Pública xenera oportunidades de emprego a través da convocatoria de oposicións para o corpo de funcionarios ou contratacións laborais, en cada un dos seus niveis:

  1. A Administración Central (España).
  2. A Administración Autonómica (Comunidades Autónomas)
  3. A Administración Local (Concellos, Mancomunidades...).
  4. A Administración Pública admite dous tipos de persoal: Funcionario e Persoal Laboral.

En función da titulación requerida para o ingreso en cada corpo ou escala da Administración os funcionarios poden pertencer a un dos siguintes grupos:

  • Grupo A: Licenciados Universitarios
  • Grupo B: Diplomados Universitarios.
  • Grupo C: Bacharelato.
  • Grupo D: Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
  • Grupo E: Certificado de Escolaridade.

Os criterios selectivos para obter plaza fixa na Administración son os seguintes:

  • Concurso de méritos.
  • Oposición.
  • Concurso-Oposición.

Se o interesado duda en preparar ou non as oposicións quizás lle conveña meditar sobre os aspectos positivos e negativos de acceder á función pública:

Ventaxas

  • Estabilidade no emprego.

  • Horario establecido.

  • Maior número de días de vacacións.

  • Maior flexibilidade para elexir o mes de vacacións.

  • Maior flexibilidade para xustificar as faltas de asistencia ó traballo por doenza leve.

  • O control do xefe é menos agobiante.

  • Maiores posibilidades de movilidade xeográfica voluntaria.

  • O exercicio dos dereitos laborais e constitucionais queda garantizado.

  • Menor competitividade entre os compañeiros.

Inconvintes

  • Soldo non tan elevado como na empresa privada.

  • Servicios extraordinarios deficientemente valorados.

  • Poucas posibilidades de promoción.

  • Pouca valoración do traballo desenvolvido.

  • Capacidade de decisión definida polo posto de traballo ocupado.

  • Poucas ou nulas axudas sociais.

  • O traballo pode acabar sendo monótono e aburrido.

  • Mala imaxe social.

Elementos recomendables para un bó opositor

  • Cumplir cos requisitos legais.: ser maior de idade, español, ter a titulación requerida, non ser separado mediante expediente disciplinario das administracións públicas nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

  • Motivación.

  • Dispoñer do tempo necesario.

  • Dominar as técnicas axeitadas para sacar o maior rendemento co mínimo esforzo.

Máis Información

 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760