APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

CARTA PRESENTACIÓN - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ORIENTACIÓN LABORAL > CARTA PRESENTACIÓN
CARTA PRESENTACIÓN

curriculum.jpg

A carta de presentación debe ser curta, ordeada, clara e directa. Non debe ser unha repetición do que xa se di no CV, senón que debe constituir unha expansión e interpretación dos aspectos máis relevantes de aquel.

Hai que cuidar os detalles de redacción e o estilo. O obxetivo é atraer a atención de quen a lé. Conven non esquecer que a carta pode chegar a ser máis importante que o CV.

É preciso elaborar unha carta de presentación diferente para cada posto de traballo e para cada sistema de búsqueda de emprego.

Estructura:

  • Encabezamento: datos persoais da persoa que a envía, datos da persoa destinataria, localidade e data de envío.
  • Desenvolvemento: o porqué do envío da carta, o teu interés pola empresa e polo posto de traballo, capacidades coas que contas, puntos fortes, expresión clara do que queres, unha entrevista.
  • Desenlace: despedida e firma.

Tipos de cartas de presentación:

  • De resposta a un anuncio: no encabezamento debes indicar a referencia do posto ó que optas e mencionar a data e medio de comunicación no que liches o anuncio.
  • Autocandidatura: debes dirixirte ó máximo responsable con poder de contratación, decribir os teus puntos fortes e mostrar o teu interese por unha futura comunicación.
  • De agradecemento: debes dirixir a carta á persoa que te entrevistou, utilizala como seguimento no proceso de selección, recalcar que continuas interesado en traballar na súa empresa; axudarache a manter un clima propicio coa persoa coa que estableciches contacto no proceso de selección.
  • Recordatorio.: debes facer referencia ós cambios na túa experiencia ou formación.

Algunos consellos útiles:

  • A redación debe ser personalizada, directa, breve, debes redactar parágrafos curtos e separados e deixar amplos marxes.
  • Escribe en primeira persoa, cun linguaxe claro e conciso, sen tuteos, cordial e respetuoso, emplear verbos de acción.

Palabras clave nunca carta de presentación:

  • En canto ós rasgos persoais: entusiasmo, motivación, comunicación, química, enerxía, determinación, seguridade, etc.
  • En canto ó perfil profesional: responsable, integridade, honestidade, dedicación, dotes analíticas, dotes de comunicación, saber escoitar, etc
  • Podes descargar exemplos de cartas de presentación no seguinte enlace. Exemplos

 
 


 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760