APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

ENTREVISTA DE TRABALLO - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ORIENTACIÓN LABORAL > ENTREVISTA DE TRABALLO
ENTREVISTA DE TRABALLO

RECOMENDACIÓNS PARA ACUDIR A UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

Aspectos a ter en conta antes da entrevista:

  1. O cv debe ser conciso, directo e claro
  2. Ser cuidadoso/a á hora de enviar o cv ( papel, a ordenador, foto en color orixinal, etc)
  3. Seguir cuidadosamente as instruccións dos anuncios de ofertas de emprego (a fase previa non é un momento para a creatividade)
  4. Preparación sobre a empresa (mostrar interese pola compañía antes de entrar nela)
  5. Non chegar nin demasiado pronto nin tarde. (Ser puntual é enormemente importante)
  6. Centrarse na empresa e no posto de traballo (analizar por qué podes aportar valor e por qué encaixas na empresa)

Aspectos a ter en conta durante a entrevista:

  1. Non falar demasiado.
  2. Non parecer demasiado arrogante.
  3. Non criticar a empresa anterior.
  4. Ser sincero/a, non mentir.
  5. Demostrar profesionalidade.
  6. Vestirse axeitadamente.
  7. Acudir só.
  8. Mostrar dotes de liderato.
  9. Non aceptar tabaco nin ningunha bebida.

Aspectos a ter en conta despois da entrevista:

  1. Non presionar en exceso.
  2. Estar cualificado/a.
  3. Pedir un soldo axeitado (é importante informarse previamente do que cobran os traballadores da empresa)
     

QUE CONTESTAR NUNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

Ante a falta de formación:

  • Transmite que sempre te preocupas por estar informado/a e ó día, ademais de insistir en que non paraches de formarte.
  • Debes defender que tamén tes coñecementos adquiridos a través da experiencia.
  • Ante unha experiencia curta:
  • Debes destaca-lo teu desexo de poder aplicar o que sabes á súa empresa.

Se levas tempo no paro:

  • Estar no paro non quere decir estar inactivo. Fixeche cursos e “traballiños” sen contrato,… Remarca o feito de que queres ter un lugar de traballo estable e que a súa empresa é a que máis che interesa.

Idade:

  • Se eres máis ben maior destaca a madurez, responsabilidade, experiencia,…
  • Se eres unha persoa xoven, destaca o teu empuxe, as ganas de traballar, o feito de non ter hábitos aprendidos noutras empresas,…

Muller casada e con fillos:

  • Destacar a responsabilidade “extra”. O teu rendemento, dedicación, dispoñibilidade, … non se verán afectados, o tes todo moi organizado.

Se eres solteiro/a:

  • Destaca a plena dispoñibilidade e dedicación ó traballo. Autonomía.

¿Por qué te presentache a esta oferta?

  • Conoces a empresa, o sector e sempre foi o teu obxetivo. Buscas unha mellora profesional.

¿Por qué desexas traballar nesta empresa?

  • É necesario que coñezas a empresa e o sector, os servicios ou os productos que ofrece, … e relacionalo cos teus intereses profesionais…

¿Qué soldo querrías gañar?

  • O máis importante é o posto de traballo e as persoas que traballan. Debes informarte do soldo medio para o teu posto de traballo. Non debes ofrecerte nunca polo soldo que sexa.

¿Saberás facer frente ás situacións de urxencia ou tensión?

  • Destaca que te sintes capaz, pero insiste en que valoras a planificación e a organización do traballo para evita-las.

¿Por qué deixaches o teu último traballo?

  • Queres aprender máis. Non había posibilidades de promoción.
  • Desplazamentos excesivamente longos. O salario era demasiado baixo en relación as tarefas e responsabilidades. Non ofrecía estabilidade laboral. Prestixio desta nova empresa.

¿Qué che gusta facer no teu tempo libre?

  • Mostra que eres unha persoa activa.
  • Si: deportes de resistencia, actividades de axuda ós demais, actividades creativas, …
  • Non: algunhas actividades “sedentarias”, por exemplo mirar a tv.

¿Cál é o teu punto máis débil?

  • Dar unha resposta xeral que se relacione con algún aspecto positivo ou que sexa fácilmente superable en relación ó traballo, como por exemplo ser perfeccionista.

¿Cál é o teu punto máis forte?

  • Seguridade e confianza nun mesmo, capacidade de adaptación e para tratar con temas ou persoas difíciles, facilidade para aprender e adaptarse ás novas responsabilidades.

     

OUTRAS PREGUNTAS FRECUENTES PARA AS QUE DEBES TER PREPARADA UNHA RESPOSTA

Autocoñecemento:

  • ¿Qué feitos consideras que foron decisivos na tua vida para a configuración da túa personalidade?
  • ¿Cál foi a etapa máis importante da túa vida?
  • ¿Cál é o problema social/político que máis che preocupa?
  • ¿Qué obxetivos ou metas tes na vida, a curto ou largo plazo?
  • Se poideras escoller unha profesión, independentemente do feito de gañar a vida, ¿cál escollerías?
  • ¿Cáles serían as condicións óptimas para consegui-la plena satisfacción laboral?
  • ¿Qué fas cando te aburres?
  • ¿Cál é o libro que máis che impresionou?

Formación:

  • ¿Cáles eran os teus primeiros proxectos cando rematache-los estudios?
  • ¿Qué materia che gustaba máis/menos?
  • ¿Volverías a estudiar o mesmo?
  • ¿Pensas continuar estudiando? ¿Qué?
  • ¿Qué formación pensas que necesitas para sentirte plenamente realizado profesionalmente?

Experiencia profesional:

  • ¿Qué esperas deste traballo?
  • ¿Cómo entraches a traballar nas diferentes empresas nas que estiveches?
  • ¿Qué obxetivos laborais tiñas/tes que cubrir no teu posto de traballo?
  • ¿Cómo ves o teu futuro profesional?
  • ¿Por qué temos que contratarte?
  • ¿Cómo che gustaría que fora o teu xefe: paternalista, autoritario, demócrata, que che deixe facer? 


 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760