APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ORIENTACIÓN LABORAL > SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO
SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

SPE.jpgO SPE é un servicio que cumpre a función de intermediación no mercado laboral, como ferramenta para loitar contra o desemprego en Galicia.

Pode facer uso del calquer demandante ou ocupado que desexe melloralo seu emprego e calquera empresa que oferte un posto de traballo.

 Inscripcion de solicitude de emprego no SPE:

Debes dirixirte á Oficina de Emprego que che corresponda, segundo o teu distrito postal, donde che informarán e facilitarán o documento de solicitude. Poderás solicitar traballo en máis dunha ocupación. Tamén podes chamar ó 902125000

Unha vez feita a solicitude, quedarás inscrito para participar e beneficiarte dos servicios que o SPE ofrece para para a inserción laboral.

Mediante unha entrevista personal obterase información adicional á presentada na solicitude.

Deberás acompañar á solicitude os seguintes documentos:

  •  DNI, Tarxeta de Identidade ou Pasaporte en vigor, se eres español ou membro da UE.
  •  Autorización de traballo/residencia en vigor, se non eres traballador comunitario.
  •  Cartilla/Tarxeta da Seguridade Social, se traballaches anteriormente en España.
  •  Xustificante da titulación profesional ou académica.
  •  Certificado de minusvalía no seu caso.

Observacións a seguir polo demandante de emprego:

  •  Debes renovar a demanda de emprego nas datas indicadas pola Oficina do SPE
  •  Debes presentarse na Oficina do SPE cando te citen.
  •  Debes comunicarlle á Oficina do SPE as variacións que se produzan nos teus datos persoais e profesionais.
  •  Debes comunicarlle á Oficina do SPE o resultado das entrevistas de emprego que realices.

"É importante que cando se acude a Oficina de Emprego Público de Galicia ese soliciten ocupacións, axustar ó máximo as posibles ofertas de empregoás que se opta como candidato. Os demandantes poden solicitar ata 6ocupacions. Entre as saídas ás que pode optar un pedagogo están, entreoutras, as de:

  •  FORMADOR DE FORMADORES. (E INTERESANTE CONTAR CO CURSO DE FORMADOR DE FORMADORES)
  •  ORIENTACIÓN PROFESIONAL PARA A INSERCIÓN.
  •  TÉCNICOS DE EMPREGO E INSERCIÓN SOCIOLABORAL.
  •  AXENTE DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL.
  •  AXENTE DE IGUALDADE.
  •  ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL.
  •  ANIMADOR GERIÁTRICO.


 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760