APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

CURRICULUM VITAE - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > ORIENTACIÓN LABORAL > CURRICULUM VITAE
CURRICULUM VITAE

curriculum.jpg

O CV é o mellor instrumento de marketing co que todos contamos á hora de buscar emprego.

Non serve para conseguir unha oferta de traballo. Só serve para conseguir unha entrevista.

Está pensado cunha sóa finalidade, conseguir atrae-la atención da persoa que actúa como seleccionador para poder optar a unha entrevista persoal.

Debe ser claro e preciso, ben estructurado e conciso, debe expone-los nosos obxetivos profesionais e resalta-la experiencia e os éxitos logrados.

Estructura:

  • Encabezamento: pode ir no centro ou á esquerda, no marxe superior. Debes poñe-lo teu nome, dous apelidos completos, dirección, número de teléfono e e-mail.
  • Obxetivo profesional: o posto ó que optas e o sector no que queres desempeñalo.
  • Perfil: éste é un dato opcional que amplia o teu obxetivo profesional. Trátase dunha moi breve síntese dos logros e destrezas desenvoltos para poder acceder ó posto desexado.
  • Datos académicos: a súa importancia con respecto ó lugar que debe ocupar con respecto ó CV e o grado de especificidade, será inversamente proporcional á experiencia profesional. A formación académica pode aparecer en orde cronolóxico en relación á data da súa realización ou en orde á súa finalización. Un dato moi importante é o nome das Universidades onde cursáche-los estudios.
  • Formación complementaria: formación non reglada relacionada co posto ó que optas. Tamén se especificará o centro de estudios, a data e a localidade.
  • Idiomas: debes indicar de maneira precisa os idiomas que tes e o grado de coñecemento de cada un deles. Indica tamén se pasaches algún tempo no extranxeiro aprendendoo ou perfeccionando.
  • Informática: indicarase o nivel e os programas coñecidos.
  • Experiencia profesional: reflexaremos as experiencias de verdadeiro contido profesional ou prácticas en empresas. Indicarase o nome da empresa, data, posto ocupado, labores desempeñadas, persoas ó seu cargo, proxectos, … se non tes experiencia podes incluir as prácticas e os traballos temporais. Tampouco está de máis facer referencia a empregos remunerados ou voluntarios non relacionados coa carreira. Pero non hai que incluilos no apartado de experiencia senón no de outros datos de interese.
  • Outros datos de interese: neste apartado pódese facer referencia a cuestións como:
  • Organizacións ás que pertences.
  • Publicación de artículos
  • Impartición de conferencias
  • Datos persoais: son imprescindibles, podes inclui-los ó principio ou ó final do CV. Debes indicar: data de nacemento, nacionalidade, estado civil, carnet de conducir, etc

Regras de ouro para un bo CV:

  • Unha páxina.
  • Non usar dúas palabras para decir o que podes decir en unha.
  • Non escribir frases inútiles que non aportan nada.
  • Evita frases feitas e redundantes.
  • Expresa unha idea en cada frase.
  • Utiliza palabras, frases e parágrafos curtos.
  • Reflicte no CV que contas coas esixencias do posto de traballo.
  • CV debe enviarse sempre en orixinal.
  • Non debes incluir fotografía a non ser que o pidan expresamente. A foto debe ser tamaño carnet e recente.
  • Elixe un papel de boa calidade.
  • Debe ir escrito en ordeador. Escribeo a man cando o soliciten expresamente.
  • CV debe escribirse en primeira persoa.
  • Un bon CV debe estar ben estructurado.
  • Non cometer faltas de ortografía.
  • Nunca firmes un CV.
  • Non grapar as follas.
  • Destaca as túas cualidades, pero non mintas nunca.
  • Envío de anexos ó CV (copias de certificados, diplomas, etc…) debes restrinxilos a aqueles casos nos que expresamente o soliciten.

Tipos de CV:

CV Cronolóxico: preséntase a información partindo do máis antigo ó máis recente e ten a ventaxa de resalta-la evolución seguida. Pon de manifesto a estabilidade e a evolución ascendente da túa carreira

CV Cronolóxico inverso: consiste en comezar polos datos máis recentes. Ten a ventaxa de resalta-las túas últimas experiencias, que son as que máis lle interesan ás persoas susceptibles de contratarte.

CV Funcional: a disposición dos datos realízase en función das habilidades e das experiencias que teñas. Permite seleccionar os puntos positivos, os traballos e funcións acordes co posto de traballo que solicitas, e os teus logros. A redacción é narrativa.

Podes descargar exemplos de Curriculums Vitae no seguinte enlace. Exemplos
 


 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760