APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

A opinión dos menores sobre a protección dos seus dereitos - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > PUBLICACIÓNS > OUTRAS PUBLICACIÓNS > A opinión dos menores sobre a protección dos seus dereitos
A opinión dos menores sobre a protección dos seus dereitos Imprimir Correo-e

protecciion-menores.jpgA garantía dos dereitos que corresponden aos menores foi obxecto de atención constante por parte da institución do Defensor do Pobo, e iso non só na súa tarefa ordinaria de tramitación e resolución dos asuntos sometidos ao seu coñecemento que puidesen afectarlles, senón tamén e con especial intensidade a través da elaboración e publicación de diversos informes monográficos sobre ámbitos concretos nos que a protección dos seus dereitos fóra particularmente necesaria para compensar a súa vulnerabilidade. 

 

Así, tratáronse pormenorizadamente asuntos como a violencia escolar, a responsabilidade penal dos menores, a seguridade e a prevención de accidentes nas áreas infantís de recreo, as condicións de escolarización de alumnado de orixe inmigrante, a atención asistencial que se lles presta, a situación dos centros de protección de menores con trastornos de conduta e en situación de dificultade social..., nunha decena de informes monográficos cos que se pretendeu, desde a neutralidade e independencia desta Institución, dar conta da situación existente en cada un deses ámbitos e propor as medidas necesarias para resolver as deficiencias detectadas e garantir a efectividade plena dos dereitos dos menores.

 

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760