APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

Política Lingüística lanza unha campaña de recomendacións para apostar polo galego nos regalos - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > Sala de Prensa > Política Lingüística lanza unha campaña de recomendacións para apostar polo galego nos regalos
Política Lingüística lanza unha campaña de recomendacións para apostar polo galego nos regalos Imprimir Correo-e

Un boneco que fale galego, un cómic traducido ou un xogo interactivo plurilingüe constitúen ferramentas "importantes" e que reportan "vantaxes" para facilitar a aprendizaxe da lingua e o seu uso, polo que o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, Xosé Manuel Suárez, suxire aos empresarios que deixen os "prexuízos" e fabriquen xoguetes que falen galego. "Os nenos non nacen cun disco duro, poden falar diferentes idiomas nas distintas situacións da súa vida", precisa Suárez e engade "os nenos adáptanse" e "aprenden facilmente". Ao respecto, asegurou que os xoguetes "son un condicionante" a maiores na aprendizaxe, e de aí que teña "toda a importancia do mundo" que esta ferramenta se presente tamén en lingua galega para "aproveitar os recursos".

 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760