ESTATUTOS-OBXECTIVOS

estatutos.jpgA continuación mostrámoslle os fins, obxectivos, liñas de actuación e estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.
 

Fins:

  • Fortalecer a Pedagoxía e Psicopedagoxía en tanto que ciencia, disciplina e profesión.
  • Potenciar o recoñecemento social e profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as.
  • Promover a creación dun Colexio Oficial de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as. 

Obxectivos:

  • Promover investigación aplicada como ferramenta de innovación profesional.
  • Definir e perfilar modelos, recursos e técnicas de acción-intervención socioeducativa.
  • Ofrecer formación actualizada para o perfeccionamento profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as nos distintos eidos da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
  • Orientar no campo académico e profesional ós pedagogos/as e psicopedagogos/as e/ou estudiantes da Licenciatura.
  • Favorecer a colaboración con entidades públicas e privadas con e sen ánimo de lucro, para articular iniciativas e proxectos en común de interese educativo.
  • Sensibilizar á sociedade da pertinencia da acción sociopedagóxica na realidade actual.
  • Intercambiar experiencias con outros profesionais e outras realidades xeográficas con fin de proxectar a Pedagoxía e Psicopedagoxía galega.
  • Realizar actividades relacionadas coa formación permanente do profesorado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liñas de actuación:

  • Formación: Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos/as e psicopedagogos/as a través de xornadas, cursos especializados, congresos, etc.
  • Orientación académica e profesional individualizada: Ofrecer un servicio de orientación individualizada académica (para alumnos da Titulación) e profesional (para licenciados), así como información xeral en relación cos ámbitos profesionais da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
  • Información e documentación: Información actualizada en relación a novidades bibliográficas, cursos ofertados en convocatoria aberta, congresos, xornadas e coloquios de próxima celebración, leis de recente publicación, bolsas e subvencións convocadas e información sobre a traxectoria do noso plan de traballo. Servicio de documentación como espacio documental reservado para recoller referencias bibliográficas organizadas por temáticas, novidades e lecturas recomendadas, revistas especializadas, documentos legais, memorias de experiencias, actas e ponencias de congresos, dossier de prensa, etc.
  • Investigación: Promovida a través da formación e consolidación de grupos de traballo autónomos e comisións autoxestionadas en relación a temáticas de actualidade. O obxectivo funfamental é a ampliación e profundización no coñecemento teórico e na praxis pedagóxica e psicopedagóxica. As comisións de inminente constitución son:
    • Comisión do servicio de documentación.
    • Comisión de actualidade pedagóxica e psicopedagóxica.
    • Comisión de orientación. 
    • Grupo de Traballo Código Deontolóxico.
  • Liña de actuación transversal: Oriéntase a articular unha comunidade de práctica da Pedagoxía Galega. Desenvolverase a través da revista Praxis Pedagóxica e Psicopedagóxica e dos foros fomentando o enriquecimento colectivo a través do intercambio e a participación constante.

Estatutos:

A continuación mostrámoslle os estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.

 

CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL Escribido por Administrator 2363
CAPÍTULO II: DOS SOCIOS Escribido por Administrator 2570
CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN Escribido por Administrator 1400
CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO Escribido por Administrator 1384
CAPÍTULO V: DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Escribido por Administrator 1554
CAPÍTULO VI: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN Escribido por Administrator 1271