Mediar para remediar conflictos
As investigacións sobre o conflito e sobre a mediación téñense incrementado nos últimos anos, e desde ámbitos disciplinares moi dispares fixéronse aportacións extraordinarias para comprender estes fenómenos e para cambiar as concepcións e os comportamentos diante das realidades conflitivas.
Paralelamente á investigación interdisciplinar, temos que falar de avances tamén na intervención, que está a ser multiprofesional e, nalgúns casos, con criterios de interprofesionalidade.
É de salientar que desde un colectivo profesional como é a Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia se partise, para organizar estas xornadas, do recoñecemento desta multidisciplinariedade e multiprofesionalidade, e da necesidade de caminar cara a interdisciplinariedade e interprofesionalidade. [ Continúa … ]