Acceder

Inicie sesión con su cuenta de sitio

¿Perdiste tu contraseña?

APEGAAPEGA
  • INICIO
  • APEGA
    • PRESENTACIÓN
    • ESTATUTOS-OBXECTIVOS
    • PUBLICACIÓNS
    • ARTIGOS
    • DOCUMENTACIÓN
    • CONVENIOS
    • ORIENTACION LABORAL
    • ASOCIARSE
    • LIGAZÓNS WEB
  • ALBUMS
    • FOTOS
    • VÍDEOS
  • SERVIZOS
  • ANUNCIOS
  • CONTACTO
  • INICIO
  • APEGA
    • PRESENTACIÓN
    • ESTATUTOS-OBXECTIVOS
    • PUBLICACIÓNS
    • ARTIGOS
    • DOCUMENTACIÓN
    • CONVENIOS
    • ORIENTACION LABORAL
    • ASOCIARSE
    • LIGAZÓNS WEB
  • ALBUMS
    • FOTOS
    • VÍDEOS
  • SERVIZOS
  • ANUNCIOS
  • CONTACTO

ESTATUTOS-OBXECTIVOS

  • Inicio
  • ESTATUTOS-OBXECTIVOS
Mostrando 1-6 de 6 resultados

estatutos.jpgA continuación mostrámoslle os fins, obxectivos, liñas de actuación e estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.
 

Fins:

  • Fortalecer a Pedagoxía e Psicopedagoxía en tanto que ciencia, disciplina e profesión.
  • Potenciar o recoñecemento social e profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as.
  • Promover a creación dun Colexio Oficial de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as. 

Obxectivos:

  • Promover investigación aplicada como ferramenta de innovación profesional.
  • Definir e perfilar modelos, recursos e técnicas de acción-intervención socioeducativa.
  • Ofrecer formación actualizada para o perfeccionamento profesional dos pedagogos/as e psicopedagogos/as nos distintos eidos da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
  • Orientar no campo académico e profesional ós pedagogos/as e psicopedagogos/as e/ou estudiantes da Licenciatura.
  • Favorecer a colaboración con entidades públicas e privadas con e sen ánimo de lucro, para articular iniciativas e proxectos en común de interese educativo.
  • Sensibilizar á sociedade da pertinencia da acción sociopedagóxica na realidade actual.
  • Intercambiar experiencias con outros profesionais e outras realidades xeográficas con fin de proxectar a Pedagoxía e Psicopedagoxía galega.
  • Realizar actividades relacionadas coa formación permanente do profesorado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Liñas de actuación:

  • Formación: Elaborar, organizar e divulgar actividades dirixidas á formación e perfeccionamento dos pedagogos/as e psicopedagogos/as a través de xornadas, cursos especializados, congresos, etc.
  • Orientación académica e profesional individualizada: Ofrecer un servicio de orientación individualizada académica (para alumnos da Titulación) e profesional (para licenciados), así como información xeral en relación cos ámbitos profesionais da Pedagoxía e Psicopedagoxía.
  • Información e documentación: Información actualizada en relación a novidades bibliográficas, cursos ofertados en convocatoria aberta, congresos, xornadas e coloquios de próxima celebración, leis de recente publicación, bolsas e subvencións convocadas e información sobre a traxectoria do noso plan de traballo. Servicio de documentación como espacio documental reservado para recoller referencias bibliográficas organizadas por temáticas, novidades e lecturas recomendadas, revistas especializadas, documentos legais, memorias de experiencias, actas e ponencias de congresos, dossier de prensa, etc.
  • Investigación: Promovida a través da formación e consolidación de grupos de traballo autónomos e comisións autoxestionadas en relación a temáticas de actualidade. O obxectivo funfamental é a ampliación e profundización no coñecemento teórico e na praxis pedagóxica e psicopedagóxica. As comisións de inminente constitución son:
    • Comisión do servicio de documentación.
    • Comisión de actualidade pedagóxica e psicopedagóxica.
    • Comisión de orientación. 
    • Grupo de Traballo Código Deontolóxico.
  • Liña de actuación transversal: Oriéntase a articular unha comunidade de práctica da Pedagoxía Galega. Desenvolverase a través da revista Praxis Pedagóxica e Psicopedagóxica e dos foros fomentando o enriquecimento colectivo a través do intercambio e a participación constante.

Estatutos:

A continuación mostrámoslle os estatutos da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia.

 

  • No hay categorías

CAPÍTULO VI: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 45º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poida …

Leer más

CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 1º.- Constitúese en Santiago unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará “ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA.”. “APEGA” A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito …

Leer más

CAPÍTULO II: DOS SOCIOS

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódolos Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia que compartan as inquedanzas dispostas nos fins desta asociación. Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados: a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a …

Leer más

CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e …

Leer más

CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 36º.- A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. Artigo 37º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto …

Leer más

CAPÍTULO V: DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

  • Fecha 23 julio, 2010
23 julio, 2010

Artigo 44º.- O Regulamento de réximo interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará …

Leer más

Buscar

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760

  • Aviso Legal
  • Desarollado por GaliciaDigital

Esta web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible.

Descubre más o ajusta tus ajustes.

APEGA
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.