Máis xoguetes en galego
José Manuel Suárez Sandomingo
Pedagogos de Galicia piden a empresarios que deixen os "prexuízos" e fabriquen xogos que falen galego.
Unha boneca que fale galego, un cómic traducido ou un xogo interactivo plurilingüe constitúen ferramentas "importantes" e que reportan "vantaxes" para facilitar a aprendizaxe da lingua e o seu uso, polo que o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez, suxire aos empresarios que deixen os "prexuízos" e fabriquen xoguetes que falen galego.