AVISO LEGAL

APEGA Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia (en diante APEGA) con enderezo a efectos de notificacións en Apdo. de Correos 2128 C.Postal: 15780 Santiago de Compostela; con NIF G15900481, teléfono: 698 159 760 e correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. pon a disposición no seu sitio web http://www.apega.org determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente no uso do sitio web http://www.apega.org de APEGA por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio http://www.apega.org en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, imprima, arquive e acepte a través de internet e se atope plenamente informado.

Todos os dereitos reservados

Os dereitos de propiedade industrial e intelectual da web, así como dos contidos na mesma (imaxes, sons, vídeo, software ou textos) pertencen a APEGA

Condicións de uso

O usuario poderá visualizar os elementos incluídos na web e imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico, sempre que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. Poderá realizarse un uso público dos contidos da web sempre que se cumpran as seguintes premisas: 1) que a reprodución dos contidos non persiga lucro algún, nin sexa obxecto de comercialización; 2) que se indique a autoría dos contidos reproducidos e acompáñense dunha ligazón á web de APEGA.

Prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos sen autorización

Queda terminantemente prohibida a utilización dos contidos da web con fins comerciais, así como a súa distribución e a súa modificación, alteración ou fragmentación. Perseguirase calquera utilización indebida dos contidos presentados na web, exercendo todas as accións civís e penais que correspondan en dereito.

Confidencialidade e Protección de Datos

Calquera dato de carácter persoal que o usuario proporcione para a utilización dos servizos e contidos do sitio estará suxeito ao establecido pola LOPD, Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.