APEGA.ORG :: Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

PRESENTACIÓN - APEGA.ORG - Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia






INICIO > PRESENTACIÓN
PRESENTACIÓN Imprimir Correo-e

presentacion.jpgEstamos inmersos nunha realidade complexa na que conflúen cambios vertixinosos con problemáticas anquilosadas que precisan unha resposta integral e integradora. Dende a Pedagoxía e Psicopedagoxía debemos enfrontar propostas que atendan tanto ás situacións conflictivas como ás posibilidades e alternativas latentes na sociedade actual.

APEGA nace como unha asociación preocupada e implicada en dar resposta a estas necesidades sociais dende unha perspectiva socioeducativa e interdisciplinar. Consideramos que esta labor debe ir paralela con un maior recoñecemento social e profesional da Pedagoxía e Psicopedagoxía, coherente coa demanda e esixencias cada vez máis explícitas por parte da sociedade cara á Educación.

Como pedagogos/as e psicopedagogos/as, atopámonos cunha identidade profesional colectiva difusa que precisa o compromiso de todos nós na labor conxunta, cohesionada e consistente de construir unha Pedagoxía Galega con nome propio.

Ante esta situación APEGA constitúese como unha asociación profesional "de" e "para" pedagogos/as e e psicopedagogos/as. Como un lugar de encontro, intercambio e participación na construcción e articulación da Pedagoxía e e Psicopedagoxía que queremos.

Órganos da Asociación

  • Xunta directiva
    • Presidente: José Manuel Suárez Sandomingo
    • Vicepresidenta: Elena Rivas Vieites
    • Secretaria: Noelia Roel Barbeito 
    • Tesorero: José Ramón González López
    • Vocal 1: Mercedes Agulleiro Outes 
    • Vocal 2: Nieves Argibay Sampedro
    • Vocal 3: Susana Lebon Rivas
    • Vocal 4: Lucia Maquieiro Caeiro
 


w3c01.jpg

w3c02.jpg

APEGA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDAGOGOS/AS E PSICOPEDAGOGOS/AS DE GALICIA
Apdo. de Correos 2128 I C.P.: 15780 Santiago de Compostela I Teléfono de contacto: 698159760