Informe Cole Seguro
A propagación da COVID-19 en España expuxo grandes retos no dereito á educación. O confinamento e o despregamento da educación dixital xeraron un desigual impacto neste dereito de nenos e nenas, agravando as desigualdades preexistentes no ámbito educativo. No marco da nova normalidade, o curso 2020/2021 arrincou xerando grandes interrogantes sobre a forma na que se ía a garantir o dereito á educación, dadas as circunstancias de alta incerteza e as dificultades para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa ao retomar a actividade educativa de forma presencial. O 16 de xuño de 2020 o Goberno de España anunciou o investimento de 2.000 millóns de euros para a recuperación en materia de educación, os cales foron distribuídos entre as Comunidades Autónomas en setembro. Ante este escenario a Plataforma de Infancia e Political Watch axuntaron esforzos no proxecto Cole Seguro, unha iniciativa coa que se pretende xerar e dar a coñecer información sobre como se está garantindo o dereito á educación para nenos, nenas e adolescentes no contexto da COVID-19.